As nacionalistas mariñás convidan á cidadanía a participar na manifestación en Compostela o día 25 ás 12 da mañá e para a que hai disposto un autobús e a xente interesada pode apuntarse chamando ao tfno 982140654 ou no correo amarinha@bng.gal
Barreiros, Foz, Viveiro, Mondoñedo e A Pontenova acollerán diversos actos os días 21, 22 e 23 de xullo
Así mesmo presentouse a XXV edición da Festa da Patria en Foz, que consiste nunha chicharrada que terá lugar a partir das 19h na dársena do porto a carón da lonxa, o sábado 21 de xullo.
O domingo 22 corresponderalle a Barreiros donde organizan a coñecida e popular “bonitada do Bloque”, na área recreativa da Insua, a partir das 14h.
Desde a organización xuvenil do BNG, Galiza Nova, tamén programaron diversas actividades relacionadas coa popularización da bandeira patriótica, que terán lugar en Mondoñedo, A Pontenova e Viveiro.
Convidan tamén @s nacionalistas a pendurar de fiestras e balcóns a bandeira patriótica, bandeira que se pode adquirir na sede comarcal do BNG.