O BNG agradece a colaboración a todas as persoas asinantes do escrito , e moi especialmente a Asociación de Nais e Pais do Colexio e toda a comunidade educativa polo traballo realizado para conseguir as sinaturas .
O cumprimento do acordado no Pleno no mes de setembro do ano pasado faise agora inescusable . O Alcalde debe esixirlle a Telefónica que retire o mastro sen máis dilación , esixencia avalada polo voto de todos os membros da Corporación Municipal , que son os e as representantes da soberanía popular , e a maiores , polas sinaturas dos veciños e veciñas . De nada vale aprobar mocións se despois non hai vontade de executalas . Unha empresa, por moi potente que sexa, non pode estar por riba das veciñas e veciños de Foz , aos que se lles esixe o cumprimento das disposicións da autoridade municipal.
Así mesmo , o Goberno Municipal debe obrigar á empresa a dar unha solución definitiva ao problema dos ruídos procedentes do interior do edificio e a reparar as tuberías situadas nas súas fachadas, que se atopan nun estado de mantemento lamentable, completamente oxidadas e vertendo auga nas beirarrúas cando chove .