Os afortunados e afortunadas con 50 euros en vales de compra e os locais nos que mercaron entre o 22 e o 30 do mes pasado foron: Yaiza Ribadulla (Librería Bahía), Mª Antonia Sánchez Martínez (La Flor Abulense), Nieves Pena Álvarez (Vas´s), Carmen Fernández Curto (Unique-2), Marta Gallego, Encarnación Fernández (La Flor Abulense ), Roberto Fernández Pena (Lourdes moda íntima y baño), Encarna Fernández Castro (Cenor Belianorte), Valentín Quiroga (Kukadas), Ana Isabel González Beltrán ( Ginzo Hombre-Mujer).
Con 100 euros en vales de compra foi premiada Ana Basanta Borrajo, que mercou en Mi Momento Gourmet.
E con 200 euros en vales de compra para gastar nos locais asociados ao Centro Comercial Aberto de Foz foron premiadas Pilar López Otero (Pastelería Amarena) e Marián Basanta Borrajo (Chinela Nenos).
No sorteo que se celebrou nas inmediacións do Concello participaron o presidente de ACIA/CCA, José Carlos Paleo, o vicepresidente, José Ginzo, e Celia Núñez, que é vocal da asociación focense. Noa Cabaleiro exerceu como man inocente. Ela foi a encargada de extraer as papeletas premiadas. Unha das afortunadas, Yaiza Ribadulla, recolleu os seus vales in situ.
Durante a pasada fin de semana houbo tapeo Vintage, sesións vermú amenizadas por Contrabando e Os Alcántara. E antes do sorteo dos 1.000 euros en vales de compra os asistentes puideron escoitar a Sons Varadero.