Site icon Crónica3.com A Mariña

O colectivo de pensionistas de Barreiros contínúa coas mobilizacións e insta ao goberno e a todos os partidos políticos e sindicatos a defender a táboa reivindicativa que presentan cada xoves

Barreiros, 19 de xullo 2018. Unha semana mais, @s pensionistas de Barreiros volveron a concentrarse este xoves na praza do concello manifestando as súas reivindicacións, que según eles siguen vixentes porque o novo goberno ainda non tomou decisións ao respecto.

@s pensionistas barreirrenses, que coma todos os xoves estiveron acompañados por xubilad@s de Foz valoraron as medidas económicas anunciadas polo presidente do goberno, no referente ás pensións, manifestando que coinciden coas valoracións feitas polo mandatario pero amósanse cando menos escépticos coas fórmulas que propón para reconstruir o estado do Benestar e para garantir unhas pensións públicas dignas e con poder adquisitivo, pois ven difícil poder garantir e blindar o sistema público de pensións se ao mesmo tempo desde o goberno están a afirmar que van a cumplir cos compromisos da Unión Europea e coa estabilidade orzamentaria marcada por Bruxelas, cando esas medidas foron as que provocaron os recortes en materia social e laboral.

Por eso @s xubilad@s e pensionistas instan a todos os partidos políticos, de esquerdas e de dereitas, nacionalistas ou non nacionalistas e a todos os sindicatos, españois e galegos a defender a táboa reivindicativa que tén como puntos básicos a derrogación das reformas laborais, o recoñecemento do dereito á xubilación ordinaria aos 65 anos, establecer unha pensión mínima non inferior ao SMI, actualización das pensións en base ao iPC e blindar o sistema público de pensións.

“Só defendendo esto poderemos avanzar cara unhas pensións públicas dignas e con poder adquisitivo” , manifestaron.

A próxima concentración será o xoves 26 de xullo ás 12 da mañá na praza do concello de Barreiros.

Exit mobile version