Site icon Crónica3.com A Mariña

O colectivo de pensionistas de Barreiros contínúa coas súas reivindicacións

Barreiros, 12 de xullo 2018. As pensionistas barreirenses non ceden no seu empeño, e unha semana mais ininterrumpidamente desde o mes de marzo acudiron á praza do concello para manifestar o seu desacordo coa situación das pensións, máxime cando hai un novo goberno no Estaddo e polo de agora, según manifestaron na concentración de hoxe, nada fixo para mellorar a sitsuación das pensións, pois a prometidad suba do 1,6% quedouse en nada ao subir o custo da vida por enriba desa porcentaxe. Na concentración participaron tamén membros do colectivo focense de pensionistas.

“Temos dereitos e temos dignidade para defendelos”

As xubiladas e pensionistas manifestaron tamén o seu descontento coa actitude que os diferentes partidos presentes no Congreso dos Deputados mantenen a respecto dos pensionistas, aos que usan como moeda de cambio nas negociacións dos orzamentos, pero que ao final os acordados tomados non os efectivizan nin os concretan. Por eso o colectivo barreirense fixo fincapé na necesidade de seguir saindo á rúa a defender os dereitos dos pensionistas de hoxe, pero tamén das traballadoras e traballadores que serán os pensionistas de mañá. “Temos dereitos e temos dignidade para defendelos”, manifestaron. E nese mesmo sentido dirixíronse tamén aos sindicatos que nos últimos anos secundaron as políticas antisociais e antiobreiras dos diferentes gobernos do Estado que levaron a cabo as reformas laborais que xeneraron esta delicada situación. Por eso entenden que para acadar unha solución para agora e para o futuro, o novo goberno tén que proceder á derrogación das reformas laborais lexislando para restituir os dereitos perdidos, recoñecer o dereito á xubilación ordinaria ao 65 anos, pensión mínima non inferior ao SMI e blindar o sistema público de pensións.

Mais de 250 tarxetas reivindicativas repartidas desde o pasado xoves

Na concentración celebrada hoxe deron conta tamén de que xa ían repartidas mais de 250 tarxetas reivindicativas, que de xeito simbólico representa a adhesión a esta loita que ademais de Barreiros está a desenvolverse noutras localidades da Mariña coma Foz, Lourenzá, Mondoñedo ou Ribadeo.

O colectivo barreirense convoca xa para a o xoves 19 de xullo ás 12 da mañá na praza do concello a seguinte mobilización.

Exit mobile version