“Esta actividade está enmarcada dentro das iniciativas lúdicas do Concello que por un lado contribúen a conciliar a vida laboral das familias da Pontenova, e por outro, ofrecemos alternativas de lecer e tempo libre durante as vacacións de verán, así como a promoción de valores e comportamentos que favorecen o desenvolvemento dos nenos con diferentes talleres e actividades”, avanzou a Concelleira Isabel Couto.
A presentación destas actividades será o venres 3 de agosto ás 11:00 horas na Casa da Cultura da Pontenova. “Dende aquí queremos convidar a todos os nenos e nenas a que participen neste campamento no que haberá excursións, viaxes á praia, clases na piscina, ruta de sendeirismo, clases de cociña, reciclaxe, rutas polo pobo, festa con inchables”, explicou Couto.