Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro rematou o reforzo do firme no camiño Real da Costa de Celeiro

Viveiro 6-7-18. O Concello de Viveiro rematou a execución da actuación denominada “Reforzo do firme no camiño denominado “Camiño Real da Costa – núcleo urbano de Celeiro”, executada pola empresa Carferlo, S.L., por un importe de 6.049,88€.

O vial obxecto desta actuación da acceso a un grupo de vivendas sitas no lugar da Costa, o firme estaba moi deteriorado debido ao tráfico soportado e á entrada de augas pluviais na plataforma do vial que provocaba debido ás fochancas existentes numerosas charcas de auga.

Coa execución desta actuación no Camiño Real da Costa de Celeiro, realizouse unha mellora da capa de rodadura, mediante o reforzo do firme existente coa incorporación de novas capas máis axustadas ás características do tráfico rodado que soportan.

Esta actuación está financiada pola Deputación de Lugo ao abeiro do Plan Provincial Único de Cooperación cos Concellos 2017.

Exit mobile version