Site icon Crónica3.com A Mariña

O Goberno da Deputación amplía ás 1.000 as prazas con descontos nos balnearios da provincia, co Lugo Termal 2018

Lugo, 20 de xuño de 2018. O Presidente, Darío Campos Conde, informou que o Executivo Provincial aprobou este venres en Xunta de Goberno as bases do programa Lugo Termal 2018 que, nesta ocasión, o Goberno da Deputación decidiu ampliar ata as 1.000 prazas, 400 máis que na edición anterior. O Lugo Termal é o programa que ofrece dende Goberno da Deputación a lucenses maiores de 55 anos para desfrutar de descontos en tratamentos termais nos balnearios da provincia, dende outubro a xuño.

Logo desta aprobación, ábrese o prazo para que os balnearios lucenses (Hotel Balneario Augas Santas, en Pantón; Hotel Balneario Río Pambre, en Palas de Rei; Hotel Balneario Guitiriz e Hotel Balneario de Lugo Termas Romanas) se adhiran a esta programación, dotada de 60.500 euros.

Campos Conde explicou que “decidimos ofrecer esta programación, por 7º ano consecutivo, debido ao grande interese que esperta entre os maiores da nosa provincia. De feito, foron máis de 6.200 as persoas que puideron acceder a estes tratamentos grazas aos descontos que ofrecemos dende o Goberno da Deputación. Co Lugo Termal 2018 ofrecemos un total de 1.000 prazas dirixidas a lucenses maiores de 55 anos, con descontos de máis de 60 euros para recibir terapias mineromedicinais nos establecementos da provincia entre os meses de setembro e decembro. Logo de que os establecementos se sumen a esta iniciativa, abriremos o prazo de inscrición. Contamos coa previsión de facelo partires do mes de setembro”, subliñou.

Atención especial
Dentro da aposta por unha Deputación social e coas persoas, o Lugo Termal 2018 ofrece atención especializada ás persoas con problemas de mobilidade, para garantirlles o acceso e goce dos tratamentos termais; así como programas específicos a persoas con discapacidades física, psíquica ou sensorial.atención especial ás persoas con problemas de mobilidade, para garantirlles o acceso e goce dos tratamentos termais; así como programas específicos a persoas con discapacidade física, psíquica ou sensorial.

Acompañamento
Os beneficiarios das prazas poderán acudir cun acompañante, que tamén terán a posibilidade de desfrutar destes descontos aínda non ter máis de 55 anos, pero sempre que sexan de Lugo. Deberán xustificar o seu empadroamento na provincia.

Paquetes subvencionados
Os paquetes nos que se ofrecerán descontos son os seguintes: 6 días con 5 noites de estancia, no que o día de entrada é o domingo e o de saída o venres. Inclúese a comida; 5 pensións completas; 8 técnicas de balneario. Os establecementos deberán ofrecer 1 recoñecemento médico á chegada. Tamén un programa de animación sociocultural de luns a xoves. En anteriores convocatorias, tamén con descontos da Deputación de máis de 60 euros, conseguíronse prezos de 190 euros con estancia.

Nos paquetes sen estancia, que se estenden durante 10 días e contan con 30 tratamentos, acadouse un prezo duns 200 euros. Os prezos para esta nova edición dependerán das ofertas presentadas polos propios establecementos.

Exit mobile version