Site icon Crónica3.com A Mariña

O Goberno da Deputación leva actividades lúdicas e deportivas a praias fluviais e ríos da Provincia

Lugo, 19 de xullo de 2018. O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, presentou este xoves na Praia Fluvial da Pobra de San Xiao de Láncara, as actividades lúdicas, deportivas-fluviais, gratuítas, e abertas para todos os públicos, que o Goberno Provincial leva entre os meses de xullo a setembro a 8 Concellos da provincia, todos eles de menos de 5.000 habitantes. Son concretamente nos espazos naturais de Ribeira de Piquín, A Fonsagrada, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, Ribas de Sil, Láncara, Trabada e A Pontenova.

Rivera Capón explicou durante a presentación que “esta iniciativa contribúe a poñer en valor o nosos recursos naturais e paisaxísticos, xa que as actividades desenvólvense en enclaves únicos, como o Chao do Pousadoiro, a Praia Fluvial Pena do Inferno, a de San Clodio, a Pobra de Navia, a da Pobra de San Xiao, a Ria de Abres ou a Pozo da Ola”.

O Deputado sinalou ademais “que esta iniciativa converterse nunha alternativa ao turismo de praia, e tamén ofrece a todos os visitantes poder descubrir as posibilidades de lecer dos nosos ríos. E ao mesmo tempo impulsamos unha actividade deportiva para todas as idades, gratuíta, que contribúe a mellorar a nosa calidade de vida”.

Actividades e seguridade
A programación de actividades deportivas fluviais, que é gratuíta e para todos os públicos, que se desenvolverán en espazos naturais, inclúen atraccións inchables, tobogáns, balancíns, pulpos, rocódromos acuáticos, pistas de obstáculos, kaiaks, waterballs… animacións musicais e xogos populares.

Cada sesión, que terá unha duración de entre tres e catro horas, contará coa supervisión de, canto menos, un coordinador e entre seis e doce monitores, que se encargarán do coidado e atención dos participantes para garantir unha actividade divertida e segura. As persoas que non saiban nadar terán que ir acompañadas.

Programación
Ribeira de Piquín- 28 de xullo- Área Recreativa Chao do Pousadoiro (17:00 a 20:00 horas).
A Fonsagrada- 5 de agosto- Praia Fluvial Pena do Inferno (17:00 a 20:00 horas)
Navia de Suarna –11 de agosto- Área Fluvial A Pobra de Navia (16:30 a 19:30 horas)
Negueira de Muñiz – 15 de agosto – Área Recreativa Virxe da Veiga (16:00 a 19:00 horas)
Ribas de Sil – 16 de agosto- Praia Fluvial de San Clodio (17:00 a 20:00 horas)
Láncara- 19 de agosto- Praia Fluvial da Pobra de San Xiao (17:30 a 20:30 horas)
Trabada- 26 de agosto- Ría de Abres (16:00 a 19:00 horas)
A Pontenova- 1 de setembro- Pozo da Ola (17:00 a 20:00 horas)

Exit mobile version