Site icon Crónica3.com A Mariña

O Goberno da Deputación promociona a Romaría Viquinga do Vicedo con preto de 30.000 euros

Lugo, 19 de xullo de 2018. O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, o Alcalde do Vicedo, Jesús Novo Martínez, e o Delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro Orol presentaron este xoves a III Romería Vikinga do Vicedo, que terá lugar os días 28 e 29 de xullo na praia de Area Grande de San Román. O Goberno da Deputación contribúe na promoción desta cita con preto de 30.000 euros. A Romaría, espera reunir a varios milleiros de persoas que poderán desfrutar durante 2 días desta festa de recreación histórica.

Vidal Baamonde avanzou que “esta cita, que xa está consolidada dentro da programación estival, inclúe máis de 20 actividades diferentes como: charlas sobre o período normando, pasarrúas, desfiles, combates e torneos, actuacións musicais, espectáculos con lume, contacontos, xantares ou desembarco viquingo”.

O Deputado lembrou que “a Romaría é un evento moi importante para este Concello ao atraer a milleiros de visitantes que coñecerán e desfrutarán de atractivos turísticos como a praia de Area Grande de San Román, un lugar que garda asentamentos viquingos, e que constitúe un atractivo en toda a provincia”.

Exit mobile version