Site icon Crónica3.com A Mariña

O Goberno da Deputación xera 308 novos postos de traballo en 63 Concellos co DEPUEMPREGO

Lugo, 18 de xullo de 2017. A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, informou este mércores que o Goberno da Deputación xerou un total de 308 novos postos de traballo en 63 Concellos da provincia co DEPUEMPREGO, o plan de fomento do emprego da Deputación de Lugo. Trátase do programa que o Executivo Provincial pon en marcha nos Concellos de menos de 20.000 habitantes. Está dotado de 3,5 millóns de euros, cos que financiar os custos laborais de novos traballadores, que reforcen os servizos públicos municipais, que as pequenas entidades locais teñen que ofrecen aos seus veciños. (AXÚNTASE A LISTAXE DE EMPREGOS POR COMARCA E CONCELLOS AO FINAL DESTA INFORMACIÓN).

López Izquierdo destacou que “a xeración de emprego de calidade na provincia é un dos piares que sustentan as políticas que desenvolvemos dende a Deputación de Lugo. Non en vano, nos últimos 3 anos, dende o Executivo Provincial investimos a través desta programación, 6,6 millóns de euros cos que se xeraron 523 novos empregos. Se engadimos os postos que hoxe presentamos, suma un investimento superior aos 10 millóns de euros cos que se xeran 831 novos postos de traballo para reforzar as prestacións municipais que os Concellos ofrecen aos veciños, especialmente aos do rural”.

“Pero ademais do DEPUEMPREGO, nestes últimos 2 anos e medio de Goberno, e a través do Ben Empregado, investimos case 9 millóns de euros cos que se crearon 600 novos empregos, cos que reforzamos o tecido empresarial e asociativo lucense. Deste xeito, e sumando tan só estas dúas programacións en impulso do emprego, dende o Goberno da Deputación fixemos un esforzo inversor de case 20 millóns de euros, o que permitiu a xeración duns 1.500 novos empregos en Lugo, convertendo á Deputación de Lugo na administración galega que máis inviste na xeración directa de emprego na provincia”, apuntou.

Na actualidade, está aberta a solicitude dos primeiros 37 empregos xerados. Son en Begonte, Castroverde, Meira, Negueira de Muñiz, Palas de Rei e A Pobra do Brollón. En Begonte, 7 peóns e 1 auxiliar administrativo; Castroverde, 5 peóns; Meira, 1 peón servizos múltiples; en Negueira de Muñiz, 2 peóns e 1 auxiliar administrativo; As Nogais, 5 peóns de obras públicas, Palas de Rei, 2 peóns de xestión de residuos, 3 peóns condutores, 5 peóns de obra pública, 1 peón de limpeza e 1 técnico de educación infantil; A Pobra do Brollón, 1 condutor desbroce e 3 peóns de desbroce. A inscrición e máis información ao respecto nos propios Concellos, así como en www.deputacionlugo.gal.

Hai outros 271 postos de traballo máis, cuxos procesos de selección, dos que se encargan os Concellos, terán lugar nas vindeiras semanas, pois o Goberno da Deputación financia os custos laborais dun total de 308 novos traballadores nos 66 municipios. Faino con 3,5 millóns de euros, que distribuíu en base a criterios totalmente obxectivos: taxa de paro, superficie, entidades de poboación e núcleos poboacionais.

Distribución dos 308 traballadores
Os 63 Concellos que xa contan con 308 traballadores novos, cuxos custos laborais se financian na súa totalidade a través do DEPUEMPREGO, son os que se apuntan a continuación:
 
Na Mariña son 72 postos de traballo en 14 Concellos: Alfoz, 2 animadores turísticos, 1 arquitecto, 1 operario de servizos múltiples e 1 auxiliar de axuda no fogar; Burela, 2 socorristas, 2 auxiliares administrativos, 1 técnico de turismo, 1 conserxe, 2 oficiais de obra e 1 peón de obra; Cervo, 1 enxeñeiro de camiños e 7 peóns de obra; Foz, 2 peóns de medioambiente, 1 técnico de turismo e 1 auxiliar de axuda no fogar; Lourenzá, 1 oficial de albanelaría, 1 oficial carpintería, 1 oficial xardinería, 1 peón de limpeza e 1 técnico en turismo; Mondoñedo, 1 axente de desenvolvemento turístico, 1 peón e 1 educador familiar; Ourol, 8 peóns forestais; A Pontenova, 1 auxiliar administrativo e 2 peóns; Ribadeo, 1 dinamizador sociocultural, 1 dinamizador socioeconómico local, 2 peóns limpeza e 1 arquiveiro; Riotorto, 1 peón albanel e 1 peón xardinería; Trabada, 1 auxiliar administrativo, 1 arquitecto técnico, 1 técnico deportivo e 1 peón; O Valadouro, 2 operarios vías e obras e 2 monitores de ocio e tempo libre; O Vicedo, 2 peóns servizos múltiples, 2 peóns de mantemento e 1 administrativo; Viveiro, 1 informático, 1 socorrista, 2 administrativos, 1 pintor e 2 peóns.

Na Terra Chá son 39 postos de traballo en 10 Concellos: Begonte, 7 peóns e 1 auxiliar administrativo; Castro de Rei, 4 peóns servizos múltiples; Cospeito, 2 peóns servizos múltiples; Guitiriz, 1 conserxe – condutor, 2 peóns de obra e 1 administrativo; Meira, 1 peón servizos múltiples; Muras, 1 operario condutor, 1 auxiliar administrativo e 1 orientador; A Pastoriza, 3 peóns; Pol, 1 oficial 1ª e 1 enxeñeiro; Vilalba 6 peóns obras públicas, 1 técnico en turismo, 1 técnico informático – administrativo e 1 técnico administración; Xermade, 1 peón de obra, 1 oficial 1ª albanel, 1 oficial 2ª condutor.

Na Comarca de Lugo son 32 postos en 7 Concellos: Castroverde, 5 peóns; O Corgo, 1 oficial 1ª obras; 2 oficiais 2ª de obras e 1 auxiliar administrativo; Friol, 12 peóns; Guntín, 2 administrativos e 1 oficial 1ª albanel; Outeiro de Rei, 1 administrativo, 1 operario servizos múltiples e 1 técnico de turismo; Portomarín, 2 peóns de obra e 1 peón carpintaría madeira; Rábade, 1 administrativo e 1 peón especialista.

Na Comarca de Sarria son 27 postos en 7 Concellos: O Incio, 3 peóns; Láncara, 5 peóns servizos múltiples, 1 oficial 1ª albanel e 1 monitor de ocio e tempo libre; Paradela, 3 peóns obras públicas; O Páramo, 4 peóns de obras e 1 arquitecto; Samos, 4 peóns de obras; Sarria, 1 técnico de turismo, 1 técnico de administración xeral e 1 dinamizador cultural; Triacastela, 2 peóns.
 
Na Montaña son 40 postos de traballo en 10 Concellos: Baleira, 2 peóns, 1 operario maquinaria – condutor e 1 auxiliar administrativo, Becerreá, 1 tractorista; Cervantes, 1 tractorista, 1 auxiliar administrativo e 2 peóns; Folgoso do Courel, 2 peóns, 1 animador turístico e 1 auxiliar administrativo; A Fonsagrada, 1 auxiliar administrativo, 1 conserxe, 2 oficiais 1ª maquinistas, 2 oficiais 1ª albaneis e 1 oficial 1ª moto niveladora; Navia de Suarna, 1 peón condutor, 1 auxiliar administrativo e 1 peón; Negueira de Muñiz, 2 peóns
E 1 auxiliar administrativo; As Nogais, 5 peóns obras públicas; Pedrafita do Cebreiro, 1 oficial 1ª condutor e 5 peóns; Ribeira de Piquín, 1 oficial 1ª albanel, 1 oficial 1ª fontaneiro e 1 peón forestal.
 
Nas Comarcas de Lemos e Chantada son 70 postos de traballo en 11 Concellos: Bóveda, 2 operarios servicios múltiples; Chantada, 1 peón especialista gravillador, 1 peón especialista rego asfáltico, 1 palista oficial 1ª, 1 condutor camión oficial 1ª, 1 condutor camión con cuba oficial 1ª e 1 condutor tractor desbrozadora oficial 1ª; Monforte de Lemos, 1 oficial xardíns, 1 oficial electricista e 1 auxiliar administrativo/a; Monterroso, 3 peóns obras públicas, 1 peón condutor, 3 peón limpador, 1 mestre escola infantil e 1 coidador vivenda comunitaria, Pantón, 8 peóns; A Pobra do Brollón, 1 condutor desbroce, 1 condutor, 3 peóns e 2 peóns desbroces, Quiroga, 1 peóns servizos múltiples, 1 animador sociocultural, 1 limpador, 1 operador cámara rtmq; 1 peón forestal e 1 auxiliar administrativo; Ribas de Sil, 1 arquitecto técnico, 1 peón protección civil; 3 peóns obras públicas e 1 oficial 1ª condutor; O Saviñao, 1 chofer de tractor desbrozadora, 2 limpadores, 1 auxiliar administrativo, 1 conserxe, 1 monitor de ocio e tempo libre e 4 peóns, Sober, 1 auxiliar administrativo, 1 peón pintor, 1 técnico de turismo, 1 auxiliar viticultura, 1 monitor de deportes, 1 técnico informático, 1 técnico medioambiente, 1 auxiliar protección civil e 1 peón condutor tractor, Taboada, 1 monitor de deportes, 1 peón de obras e 2 oficiais 1ª.
 
Na Comarca da Ulloa son 28 postos en 3 Concellos: Antas de Ulla, 8 peóns; Carballedo, 3 peóns de obras, 1 técnico de turismo; Palas de Rei, 2 peóns xestión de residuos, 3 peóns condutores, 3 peóns protección civil, 5 peóns de obras publicas, 1 enxeñeiro industrial, 1 peón de limpeza e 1 técnico educación infantil .

Exit mobile version