Site icon Crónica3.com A Mariña

O Grupo Teatral “O Centiño” de San Martiño estreou o pasado sábado día 30 de xuño a súa terceira obra teatral, titulada “El Guindilla”, unha crítica humorística do triunfo e dos superheroes

A Área Recreativa de Ferreiravella, en San Martiño, estaba ateigada de xente, cun cheo ata a bandeira, e o público riu continuamente coas diversas situacións cómicas que presentaba a obra. Mándovos dúas fotos da representación, unha no momento apoteótico da aparición de El Guindilla e outra do final, cos actores saudando ó numeroso público.

Exit mobile version