Site icon Crónica3.com A Mariña

O mércores 18 de xullo comezarán as obras nas rúas Rego das Frores, Alonso Pérez e Jesús Noya no núcleo urbano e das illetas existentes fronte á zona escolar da rúa Martín Ledesma

Viveiro 13-7-18. O mércores 18 de xull comezarán as obras recollidas nos proxectos “Reposición y mejora del firme en las calles denominadas Rego das Frores, Alonso Pérez y Jesús Noya en el núcleo urbano de Viveiro (Lugo)” y “Proyecto para la reposición de firme y regeneración de isletas existentes frente a la zona escolar de la calle Martín Ledesma-Viveiro”.

Estas dúas obras están incluídas no convenio que este concello asinou coa Deputación Provincial de Lugo en data 21 de decembro de 2017, por importe de 155.000 euros, sendo financiadas integramente polo ente provincial.

As obras incluídas no proxecto “Reposición y mejora del firme en las calles denominadas Rego das Frores, Alonso Pérez y Jesús Noya en el núcleo urbano de Viveiro (Lugo)”, cun presuposto de contrata por importe de 57.632,46 €, consisten en labores de mellora, mediante o reforzo do firme existente coa incorporación de novas capas máis axustadas ás características do tráfico rodado que soportan, e de albañilería, co recrecido das tapas de pozo de rexistro e sumideiros existentes.

As obras empezarán na rúa Rego das Frores, que se pechará ao tráfico a partir do mércores 18 de xullo; cando as labores acaben neste vial, previsiblemente en un ou dous días, pecharase a rúa Jesús Noya; finalmente e do mesmo xeito, cando se acaben as obras nesta rúa, pecharase rúa Alonso Pérez. Estímase que as obras nas tres rúas poidan estar executadas nun prazo de unha semana, restrinxíndose o tráfico o menos tempo posible e de forma sucesiva en cada unha das rúas.

As obras incluídas no “Proyecto para la reposición de firme y regeneración de isletas existentes frente a la zona escolar de la calle Martín Ledesma-Viveiro”, cun presuposto de contrata por importe de 97.367,54 €, consisten en:
. Mellora da capa de rodadura: mediante reforzo do firme existente coa incorporación de novas capas máis axustadas ás características do tráfico rodado que soportan.
. Acondicionamento das isletas de tráfico: mediante a substitución do actual bordillo de formigón que as delimita, así como a rexeneración das zonas verdes existentes no seu interior e a dotación de rego automático.
. Dotación de pasos de péons elevados: dotación de dous pasos de peóns elevados.
. Saneado de sumideiros y canalización das pluviais: reposición de sumideiros e da canalización de augas pluviais deterioradas, co obxectivo de garantir a evacuación das devanditas augas.
. Pintando de marcas viais: pintado de cebreados, símbolos e liñas de delimitación de isletas, vial e zonas de aparcamento.

Para levar a cabo estas obras, que segundo o proxecto teñen un prazo de execución segundo o proxecto de un mes, a partir do mércores 18 de xullo, procedese ao peche da Avda Martín Ledesma dende a Cruz Roja ata o Polideportivo Municipal.

Dende o Concello de Viveiro pídense desculpas polas molestias que a execución destas obras poidan ocasionar, indicando que a Policía Local estará a disposición dos afectados informando de calquera cuestión relacionada co corte de tráfico referido.

Exit mobile version