Site icon Crónica3.com A Mariña

O parque de San Francisco acolleu o XXIV Festival de bandas de Ribadeo, no que participaron as de Villamayor (Salamanca), Vilalba e a ribadense

O evento contou coa presenza de numeroso público. Antes de empezar as actuacións das bandas no escenario instalado no parque de San Francisco ofreceron un pasarrúas que comezou no Teatro. A primeira que actuou foi a banda de Villamayor, dirixida por Pedro Hernández Garriga; despois fíxoo a de Vilalba, baixo a dirección de César Concheiro Guerrico; e pechou o festival a de Ribadeo, que dirixe David Ballester Martínez. O concelleiro de Cultura, Farruco Graña, e a presidenta de Amadores da Música, Elisa Álvarez, entregaron agasallos as tres bandas participantes no festival, que foi presentado pola xornalista Carmen Cruzado, directora de Faro Norte Comunicación.

Exit mobile version