Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Viveiro agradece a axuda da Xunta para a creación dun area de autocaravanas

Viveiro, a 19 de xullo de 2018. No pleno celebrado o 3 de maio de 2017, o grupo municipal do PP de Viveiro, presentabamos unha moción para a creación dun area de autocaravanas no noso concello. Dita iniciativa saiu adiante cos votos favorables do noso grupo, do Psoe e dos Non adscritos e contou coa abstención de Son Viveiro.

Dende o Pp de Viveiro queremos agradecer a axuda de 15.847,98 euros por parte de Turismo da Xunta de Galicia, para que esta iniciativa promovida polo noso grupo municipal se materialice, e asi poidamos dispor en Viveiro dun lugar onde os turistas de autocaravanas poidan estacionar e disfrutar dos servizos de auga, luz e saneamento, o que sin lugar a dúbida contribuirá a reforzar positivamente a imaxe dun concello turístico como é o noso.

Solo cabe agardar que os prazos de execución se cumplan e dispoñamos deste área nun curto espazo de tempo. O turismo de autocaravana e un modo de viaxar que está en auxe e Viveiro ten que ser capaz de captar o maior número posible de visitantes que elixen esta alternativa para conocer distintos lugares, o que sin dúbida redundará dun xeito moi positivo na economía local.

Antonio J. Bouza Rodil
Voceiro PP de Viveiro

Exit mobile version