Site icon Crónica3.com A Mariña

Os gañadores do concurso “Forever Friends” da cadea hostaleira Galipizza xa están a disfrutar en Viveiro dos beneficios do seu premio

Viveiro 12-7-18. Galipizza decidiu este ano celebrar o seu 25 aniversario con este súper premio para toda unha vida: entrada gratis de por vida para o Resurrection Fest e comida gratis en Galipizza durante os días que se celebre o festival, un dos festivais máis importantes e multitudinarios do panorama internacional e que ten como cabezas de cartel na edición deste año aos míticos Kiss e Scorpions.
A promoción consitía en crear unha peza audiovisual (foto ou vídeo) que combinara tres ingredientes (Galipizza, Resurrection Fest e Kiss): “Resultounos tan difícil tomar a decisión, que ao final en lugar dun premio decidimos entregar dous: un para toda a vida e outro só para este ano”, asegura Xosé Manuel Vázquez ‘Leman’, xerente de Galipizza.
Como benvida ao festival, o xerente de Galipizza, ‘Leman’, recibiu o mércoles pola tarde aos gañadores do concurso para facerlles entrega das súas entradas e invitalos xa a disfrutar da súa “barra libre” en Galipizzas.
O primeiro premio do concurso foi para Adrián Quintana, un neno de 8 anos de Mera (Ortigueira) que leva o rock no sangue, xa é habitual do Resurrection Fest e que está aprendendo a toca-la guitarra eléctrica. “Eu quero ir ao Resurrection” é a súa peculiar versión de “I Wanna Rock N Roll All Night” de Kiss, que cautivou desde o primeiro momento á dirección de Galipizza pola súa mistura perfecta dos ingredientes solicitados, incluíndo, sobre o tema de Kiss cantado polo propio Adrián, a Galipizza e ao Resurrection Fest tanto no texto como na imaxe do seu videoclip. Desde que se
anunciou o seu premio hai pouco máis dunha semana non deixou de atender entrevistas a diferentes medios de comunicación.
O segundo premio do concurso viaxou ata Sevilla, desde onde Jacobo Ríos e os irmáns Latorre recrearon a súa propia versión da película “Detroit Rock City” (Cero en Conducta) convertida en “Viveiro Rock City”. Na súa curtametraxe, que enfrenta aos seguidores da bachata e do metal, narran as súas aventuras e desventuras para cruzar a península e chegar sen entradas ata o Resurrection Fest. Este grupo de amigos sevillanos ata creou unha páxina en internet a través da que narran a súa viaxe e estancia durante o festival de Viveiro.

Exit mobile version