O conxunto de Juanma Marrube medirase ao Santiago Futsal na xornada inaugural, ás 19.30 horas. Pecharán o día Palma e Noia, ás 21.30 horas. A loita polo terceiro e cuarto posto decidirase o sábado ás 19.30 horas entre os perdedores. A gran final será ás 21.30 horas.
O xuvenil entra en escena
Como gran novidade, o III Torneo Burela Bonita tamén acollerá competición na categoría xuvenil, coa base do Palma, Santiago e Pescados Rubén, ademais da EDM Guitiriz. Os encargados de abrir a cita serán Burela e Guitiriz, o venres ás 16.00 horas e ás 17.30 tocaralles a quenda a insulares e composteláns. O sábado volverán saltar ao parqué da Bomboneira na pugna polo terceiro e cuarto posto primeiro (16.00 horas) e pola final (17.30 horas).
Abono único. Os amantes do futsal poderán presenciar as dúas xornadas completas por tan só 5 euros/adult@s. Para os menores de idade a entrada será totalmente gratuíta.