Despois de alzarse co título de Liga de División de Honra Xuvenil nas últimas dúas tempadas e cun ano de experiencia xa traballando na dinámica do conxunto de Segunda LNFS, para Pitero comeza unha nova etapa de crecemento e formación repleta de posibilidades no futsal. “É un xogador polivalente, con vivencias tanto na Selección Galega coma na Española. Pitero é o exemplo de que con traballo e compromiso se pode dar o salto dende a base” explicaba o presidente laranxa, Manuel Blanco.
Pitero despediuse da categoría xuvenil a semana pasada como campión do Memorial Heroes do Orzán 2018 da Fundación Imdecum.