Neste senso, o Executivo xa levou ao Pleno varias iniciativas para promover a lingua de signos en diferentes ámbitos. Entre elas, o Executivo aprobou o pasado ano unha moción para instar tanto á Xunta de Galicia como ao Ministerio de Educación a que impulse a introdución da lingua de signos na ensinanza obrigatoria, non só no ámbito dos estudantes, senón tamén do profesorado.
Santos Ramos engadiu que “o número de persoas en Galicia que sofren unha discapacidade sensorial é de case 40.000. Destas, unhas 3.400 son da provincia de Lugo, motivo polo que consideramos fundamental poñer en marcha este tipo de actuacións para conseguir a súa plena integración na sociedade”.
A linguaxe de signos ten o recoñecemento de Lingua Oficial dende a aprobación da Lei
27/2007, de 23 outubro, pola que se recoñecen as linguas de signos españolas e se regulan os medios de apoio á comunicación oral das persoas xordas, con discapacidade auditiva e xordocegas, o que foi un antes e un despois para as persoas afectadas por estas situacións.