Site icon Crónica3.com A Mariña

Preto de 4.000 persoas participaron esta fin de semana no XX Mercado Medieval de Alfoz co que colabora o Goberno da Deputación

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, o Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos, e o Alcalde de Alfoz, Jorge Val Díaz, participaron nos actos do XX Mercado Medieval, que se celebra en dito municipio da mariña. Trátase dunha iniciativa que conta cunha achega de 5.500 euros, executada ao abeiro do Plan Estratéxico de Turismo, convertendo á Deputación na principal patrocinadora deste evento.

Exit mobile version