Site icon Crónica3.com A Mariña

Semana de Artes Marciais na Mariña Lucense

Cervo, 28 de Xullo de 2018 – Coma cada ano o mestre de Artes Marciais, o belga Jan Janssens, máximo expoñente mundial de AikiJuJutsu viaxou ata Galicia para realizar o seu seminario anual, desta vez escolleu a parroquia de San Román no concello de Cervo e os participantes quedáronse a durmir nas escolas centenarias da locacalidade que foron restauradas polo propio concello para a súa rehabilitación. O Aiki Ju Jutsu é un arte marcial moi parecido ao Nihon TaiJitsu e que trata de sintetizar as antigas técnicas marcíais utilizadas polos samuráis e manter a súa eficacia. A chegada do mestre Jan Janssens fixo que alumnos chegados de distintas partes do país visitaran a comarca, dende Galicia chegaron de Ourense, Lugo e A Coruña, e dende fóra as comunidades representadas foron Castela León, Andalucía, Aragón e Cataluña ata completar un total de 50 participantes en total, incluindo os representantes da Asociación de Artes Marciais da Mariña. Todos os participantes visitaron a comarca coñecendo o conxunto histórico artístico de Sargadelos, practicando na praia de Lago e degustando queimada, coma non podía ser doutro xeito para quencer a noite nas Escolas de San Román. Foron estas escolas as que chamaron a maior atención dos particiantes pola maxestuosidade da construcción e o logrado da súa restauración, foi tal o éxito que xa se conta con que Cervo e San Román sexa un punto de encontro no que poder practicar Artes Marciais. Tamén cabe destacar que esta parroquia de Cervo conta cun pavillón cedido pola Asociación de Montes de San Román que estivo a disposición dos practicantes para que puideran desenrolar o seu adestramento e sen o cal sería imposible celebrer este evento. En palabras de Miguel A. Rojo, organizador do evento “grazas aos que estivechedes involucrados na organización, sen a vosa axuda houbera sido imposible que se poidera sacar un evento deste tipo adiante…. e grazas a tódolos que ano tras ano seguides ahí, traballando para poder facer un grupo forte e unido”

Exit mobile version