Site icon Crónica3.com A Mariña

Un Pavillón Para Burela

Unha permanente inquedanza está latente na sociedade burelá dende hai anos. A construcción dun novo pavillón polideportivo. Unha inquedanza que topou co seu cumio no pasado mes de Maio cando se deu a coñecer a negativa da LNFS (liga nacional de fútbol sala) a que o CD Burela FS disputase os encontros do seu equipo masculino no pavillón Vista Alegre.
Mais alá do debate aberto sobre os requisitos que o organismo que rexe a competición masculina dese deporte quere impoñer, algúns víamos nun novo obstáculo imposto dende Madrid unha oprtunidade para a nosa vila. Posto que algúns coñecemos de primeira man a saturación das instalacións deportivas municipais. Usuarios e clubs que teñen que acudir a concellos veciños para levar a cabo as súas actividades ou dividir as canchas en dous para aprobeitar horarios.
Se cadra enganeime escribindo novo pavillón, posto que en Burela temos dúas pistas cubertas mais un polideportivo para uso dos centros de ensinanza secundaria, que como as outras dúas, son propiedade dos propios centros. O concello, non dispón de ningunha instalación semellante mais alá de convenios e colaboracións. .
Coñecido todo o anterior, o BNG de Burela presentou unha moción para a construcción dun novo pavillón no pleno do pasado mes de Maio. Esa iniciativa foi aprobada, non sin un intenso e absurdo debate bipartidista polo medio, por unanimidade, o cal trasladaba a institucións tales como deputación de Lugo, Xunta de Galicia e Asministración Xeral do Estado o protagonismo coa incertidume de comprobar o seu grao de compromiso. Asimesmo, o concello de Burela conprométese a proporcionalos terreos e presentar un proxecto en Outubro.
Cabe salientar que o Partido Popular colócase nunha postura moi esixente e belixerante sen ter en conta que gobernaron durante anos tanto no Concello como Xunta sen avanzar nin o mais mínimo neste eido. E agora semella que se colocan nunha postura á defensiva para evitarlle á Xunta facer un gran desembolso. Defenden intereses partidistas en contra do interese da veciñanza de Burela.
Nas pasadas semanas, a iniciativa trasladouse á deputación, novamente liderada polo BNG, cun desenlace similar, trifulca PPSOE e acordo a expensas da presentación do proxecto por parte do concello de Burela.
Isto último non deixa de ser importante, posto que supón unha bofetada do goberno socialista en Lugo ó tamén socialista Alfredo Llano, alcalde de Burela, destacando o feito de non ter nada presentadoque. Chama a atención a falta de seriedade, rigor e, sobre todo, traballo do rexedor burelao, que despois de coñecer a problemática da LNFS dende fai dous anos, aparecía nos medios hai poucas semanas medios sinalando que un novo pavillóns podía ser unha boa oportunidade. Ás veces semella que a súa capacidade de xestión e resolución de problemas viaxa en dilixencia.
Non sería correcto focalizar este tema simplemente no que nos marcan dende Madrid. Non se trata dunha oportunidade para o CD Burela FS, que tamén, senón para todo o tecido deportivo e asociativo da vila. Cando eu era pequeno a pista do Vista Alegre era de cemento. Alí vivimos unha vibrante fase de ascenso do equipo local de balonmán ante equipos de todo o Estado. Logo colocaron unha pista azul e agora loce a actual superficie. Mellorando as instalacións desenvolveranse novos deportes e novos retos. Unha instalación deste calibre pode colocarnos como epicentro deportivo da Mariña, cunha gran capacidade para organizar eventos o cal repercute no turismo, no tecido comercial e no progreso da nosa vila.
Agora tócalles tanto a Concello de Burela, Deputación de Lugo e Xunta de Galicia demostrar se están á altura. Tócalles a PP e PSOE deterse por un intre nas súas habituais leas e traballar, se realmente o que queren é que o pavillón sexa unha realidade para Burela. Polo BNG non vai quedar. Sexa cal sexa a institución na que haxa un representante nacionalista, éste vai apostar por que esta inquedanza se volva realidade. Coma sempre. Traballando por e para a veciñanza.

Mario Pillado Mon
Portavoz Municipal do BNG en Burela

Exit mobile version