Site icon Crónica3.com A Mariña

VII Open de pádel Ditram Axa

Ribadeo, 17 de xullo de 2018. Pádel Club Ribadeo organiza do 6 ao 12 de agosto a séptima edición do Open de Pádel Ditram Axa.
A competición celebrarase nas instalacións do PCR, e haberá un total de cinco categorías: Masculina 2ª e 3ª, Feminina 2ª e Mixta. Haberá premios en material deportivo para os finalistas, así como sorteos tamén de material deportivo.
As inscripcións poden realizarse a través de www.mistorneosonline.es, no número de teléfono 650 624 350 ou na recepción do propio club. O prezo é de 18 euros e 10 euros máis por categoría adicional.
O VII Open de Pádel Ditram Axa está patrocinado por Grupo Ditram Automoción e Axa GT Corredores e conta coa colaboración de firmas como Multitrasteros Ribadeo.

Exit mobile version