Site icon Crónica3.com A Mariña

Visita da Directora Xeral de Familia aos centros de menores San Aníbal

Burela 17-7-18. Este mércores ás 10.30 horas está prevista a visita de Mª Amparo Gónzalez Méndez, Directora Xeral de Familia e Dinamización Demográfica aos Centros de Menores San Aníbal de Burela que funcionan en Concerto de Prestación de Servizo Público coa Xunta de Galicia.
Nesta xuntanza a Directora Xeral aproveitará para ver as melloras que a Consellería de Política Social, subencionou no ano 2017, tamén anunciará unha ampliación de prazas e medios nos dous Centros de Protección para este ano 2018.
As Fillas do Divino Celo-Rogacionistas, entidade titular dos centros atenden actualmente no centro de menores Casa de Familia San Aníbal, con 8 prazas concertadas, acóllense a 11 nenos, nenas e adolescentes en garda ou tútela Pública. E no centro de día de menores San Aníbal con 18 prazas concertadas, aténdense a 22 nenos, nenas ou adolescentes.
Nesta visita está prevista que acuda tamén o Alcalde de Burela.

Exit mobile version