Site icon Crónica3.com A Mariña

Visitas guiadas en Viveiro

Viveiro 14-7-18. Desde a Concellería de Turismo de Viveiro organizaranse visitas guiadas gratuitas no verán saíndo desde a oficina de turismo. Virán impartidas por Boris Vilar os xoves e os sábados ás 12h. Os xoves sairán cara lugares de interese do concello (entornos naturais, lonxa…) e os sábados visitarán o casco histórico. É preciso inscribirse na oficina de turismo dado que son prazas limitadas.

Este próximo xoves 19 a visita sairá da oficina de turismo ás 12h cara ó Souto da Retorta no Vivertren ata Chavín, continuando logo a pé ata o Avó.

O sábado 21, coma tódolos sábados, sairá da oficina de turismo ás 12h cara ó casco histórico.

Exit mobile version