Site icon Crónica3.com A Mariña

Viveiro acolle ata o venres o Gastrobús Mediterráneo

Viveiro 19-7-18. Viveiro acolle hoxe e mañá o Gastrobús Mediterráneo, que estará instalado nos Xardíns Noriega Varela. Este evento forma parte da campaña “Cultura Mediterránea”, desarrollada pola Dirección Xeral da Industria Alimentaria, co que se está percorrendo distintas localidades de toda a xeografía española para poñer en marcha unha campaña de información e difusión, que inclúe un completo programa de accións promocionais en torno ao concepto Dieta Meditarránea. O seu obxectivo é que ao longo dos anos 2018 e 2019 se transmita ao público xeral os principais valores e beneficios de consumir os produtos da Dieta Mediterránea, así como a importancia de realizar exercicio físico.
O GastroBús estará aberto ao público de 12:00 a 15:00 e de 17:00 a 20:00 (salvo talleres), atendendo o persoal a todo aquel interesado que se achegue, dándolle información e guiándolle pola visita anterior.
Ademais, realizaranse dúas tipoloxías de talleres en función da tipoloxía dos asistentes:
– Tipoloxía recetas. Taller onde se explicará de forma verbal a forma de preparar as recetas da dieta mediterránea, as razóns da súa maneira de elaboración, así como as súas bondades nutritivas, pirámide nutricional mediterránea, diferencias entre alimentación saludable e non saludable, utilización racional de recursos naturais, equilibrio entre consumo e necesidades.
– Tipoloxía combinada. Taller pensado para un público máis participativo onde además de explicar de forma máis liviana os contidos do taller de recetas se realizará un xogo que relaciona produtos e elaboracións, mediante unha ruleta e un dado.

Exit mobile version