Site icon Crónica3.com A Mariña

13 atletas do C.D.Egovarros-Viveiro competirán no campeonato do mundo de veteráns de pista ó aire libre en Málaga

Viveiro 30-8-18. Desde o día 4 ó día 16 de setembro, celebrarase o Campeonato do Mundo de Veteráns na cidade de Málaga, no que competirán 13 atletas do C.D. Egovarros-Viveiro formando parte da selección española. Na categoría feminina as atletas do club viveirense competirán: Susana Parguiña en W50, en 1500 metros; Manuela Guisasola en W55, en Media Maratón; Begoña de Arriba en W60, 10000 metros lisos.
No apartado masculino estarán presentes: en M75, Antonio Cabana na Media Maratón; en M75, José Rioseco nos 1500 metros; en M65, Domingo Álvarez en 1500 metros; en M60, Emilio Toral en Media Maratón; en M60, Jose Luis Meizoso na Media Maratón; en M50, Constantino Real na Media Maratón; en M45, Andrés Piñón en 1500 metros; en M45, Marcelo Vasquez en 3000 metros obstáculos; en M40, Jose Ángel López en 10000 metros e en M40, Esteban Rioseco en 800 metros.
Todos os atletas comparten unha gran ilusión por participar no Campionato do Mundo, esperando lograr os mellores resultados posibles, destacando entre eles José Rioseco, que ostenta o record do mundo de 800 e 1500 metros e Antonio Cabana que vén de proclamarse en maio deste mesmo ano, na cidade de Alicante, subcampión de Europa de Medio Maratón.

Exit mobile version