Site icon Crónica3.com A Mariña

20 mozos e mozas participaron na segunda edición de Avívate en Cervo

Cervo 16-8-18. O Concello de Cervo, a través da delegación de Xuventude, puxo en marcha este verán a II edición do Programa Avívate en Cervo, dirixido a mozos e mozas de entre 18 e 30 anos, e contou cunha gran participación. 20 mozos e mozas participaron no programa que comezou o pasado 2 de xullo e que englobaba un curso de monitor de tempo libre, un curso de manipulador de alimentos e un terceiro de primeiros auxilios, como actividades principais.

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, sinalou que o que se pretende “é traballar para tentar ofrecer aos nosos mozos todas as ferramentas que estean na nosa man, para complementar e reforzar a súa formación e mellorar a súa empregabilidade, nun mercado laboral cada vez máis competitivo e que demanda maior cualificación”.

Exit mobile version