Site icon Crónica3.com A Mariña

35 nenos e nenas de Xove gozaron do paintball

Hai uns días as nenas e nenos de Xove desprazáronse a Galdo para gozar dunha tarde ao aire libre xogando ao paintball. Esta viaxe foi organizada pola Oficina de Información Xuvenil do Concello dentro do programa de actividades do verán “Enredar para Aprender”. Este ano participaron un total de 35 nenas e nenos de idades comprendidas entre 10 e 13 anos.

Exit mobile version