Site icon Crónica3.com A Mariña

40 Mariñáns participaron nunha excursión ao parque da natureza de Cabárceno

Corenta veciños da Mariña, concretamente dos concellos de Ribadeo, Barreiros e Foz, participaron onte, luns, nunha excursión ao parque da natureza de Cabárceno, en Cantabria. Foi organizada pola axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado. A actividade incluíu unha visita, acompañados por unha guía especializada, ao parque da natureza de Cabárceno, onde tamén comeron e despois presenciaron unha exhibición de leóns mariños. Tanto na viaxe de ida como na de volta fixeron paradas na localidade cántabra de Unquera.

Exit mobile version