Site icon Crónica3.com A Mariña

A área recreativa ribadense de Cabanela acolle este sábado, o tradicional concerto churrascada da Banda Municipal de Música de Ribadeo

Ribadeo, 17 de agosto de 2018. A Banda Municipal de Música de Ribadeo terá o seu tradicional concerto churrascada este sábado, ás 21:00 horas na área recreativa de Cabanela, xunto ao paseo marítimo ribadense.
O director da formación, David Ballester, anunciou que nesta actuación “a Banda vai interpretar obras coñecidas. Como é un concerto máis informal que outros, imos tocar temas animados actuais, non vou dicir cales, pero a xente que vaia seguramente os identifique e vai ser un concerto movido. Ao rematar a actuación haberá esa churrascada, na que sempre nos axudan os Amigos da Semana Santa, aos que lles agradecemos a súa colaboración”.

Exit mobile version