Tanto a subdelegada do Goberno como a alcaldesa de Mondoñedo constataron na reunión o descenso da delincuencia rexistrada ao longo do ano pasado no municipio.
Ademais da subdelegada e do alcalde, na reunión participaron representantes da Garda Civil, o Subsector de Tráfico, Bombeiros, Policía Autonómica e Policía Local.
EVOLUCIÓN DA DELINCUENCIA
Segundo os datos oficiais presentados esta mañá pola xunta local de seguridade, a taxa de criminalidade en Mondoñedo sitúase nas 12,36 infraccións por cada mil habitantes, máis de oito puntos por debaixo da media provincial e quince por debaixo da media galega.
As estatísticas da Garda Civil que se espuxeron na xuntanza revelan que a delincuencia experimentou un descenso do 2,12% en Mondoñedo no ano 2017 con respecto ao ano anterior. Os delictos de maior consideración (graves e non graves) tiveron unha baixada do 14,81% e a taxa de esclarecemento destes delictos foi do 52,17%.
Destaca especialmente a diminución dos delictos contra as persoas, que baixaron un 33,33% e os cometidos contra o patrimonio que tiveron un descenso do 12,33%. Tamén diminuiron un 50% os delictos contra a seguridade colectiva, entre os que se engloban os delictos cometidos contra a seguridade vial e contra a saúde pública. Pola contra, aumentaron un 13% os delictos leves cometidos o ano pasado en Mondoñedo.
CONVIVENCIA E SEGURIDADE ESCOLAR
A subdelegada tamén deu conta do traballo realizado nos centros de ensino de Mondoñedo dentro do Plan director para a convivencia e a mellora da seguridade escolar. Este plan pretende reforzar a prevención e vixianza nos centros escolares, poñendo á súa disposición a aseistencia técnica necesaria para previr e abordar os episodios que poidan ameazar a convivencia escolar, así como dar a coñecer ao alumnado, pais e profesoras os problemas de seguridade aos que están máis expostos os menores.
No curso escolar que vén de rematar, a Garda Civil impartiu 8 charlas sobre temática de especial importancia para a seguridade da xente moza en centros escolares do concello de Mondoñedo. As charlas trataron sobre violencia de xénero, acoso escolar, alcohol e outras drogas e os riscos na Internet. Estas actividades súmanse ás 5 charlas sobre riscos na Internet e acoso escolar celebradas no curso 2016/2017.
SEGURIDADE EN EVENTOS MULTITUDINARIOS
Os asistentes á reunión desta mañá tamén se comprometeron a traballar de xeito conxunto no dispositivo de seguridade que se desplegará no municipio con motivo da celebración neste concello de citas festivas multitudinarias, concretamente analizouse o dispositivo de seguridade que se vai poñer en marcha con motivo da celebración do XXVII Mercado Medieval de Mondoñedo. Esta cita festiva terá lugar os días 10, 11 e 12 de agosto nas rúas do Casco histórico mindoniense. Atendendo á súa competencia, o Concello deseñará os correspondentes dispositivos de seguridade, que contarán co reforzo de axentes da Garda Civil e do Subsector de Tráfico, que colaborarán para garantir que as celebracións transcurran sen incidencias destacables.