Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación inviste outros 200.000 euros na mellora de dotacións públicas do rural de 5 Concellos

Lugo, 31 de agosto de 2018. O Vicepresidente e Deputado de Vías e Obras, Argelio Fernández Queipo, avanzou este venres que o Executivo aprobou en Xunta de Goberno novos investimentos por valor de 200.000 euros para a mellora de dotacións públicas do rural de 5 Concellos: Navia de Suarna, Muras, Ribas de Sil, Guitiriz e Pol. Son obras coas que o Goberno da Deputación busca mellorar servizos, “porque o futuro da provincia pasa polo impulso do noso rural e sobre todo, polos servizos dos que dispoñen os nosos veciños”, apuntou.

As actuacións aprobadas son:

– 5.000 euros para a restauración de varias fontes de auga no Concello de Navia de Suarna, cos que o Goberno Provincial colabora na posta en valor e recuperación de fontes nas parroquias de A Balsa, Acevedo e Traserna, todas elas pertencentes á Rede Natura 2000.

– 50.000 euros da Deputación para reparar e consolidar a ponte Bermúdez en Muras. O Concello achegará outros case 20.000 euros o que fai un orzamento total de 70.000 euros. O Executivo colabora con este proxecto pois arestora a ponte está moi deteriorada, caendo incluso algunha pedra. Trátase dunha ponte que cruza o río Eume, nunha zona rural entre Muras e Vilalba. Son traballos moi necesario pois a ponte é un paso habitual de gando e maquinaria agrícola, así como de vehículos pequenos.

– 25.500 euros en Ribas de Sil para colaborar na a renovación do parque infantil da área recreativa da praia fluvial, que é moi empregado tanto polos veciños como polo visitantes durante a época estival; para a construción dun depósito de auga no lugar de A Cabarca, unha infraestrutura moi importante na prevención de incendios, e colaborar na posta en marcha dunha ruta turística de interpretación polo complexo arqueolóxico Mineiro do Covallón no que destacan as minas romanas, e no que se instalarán paneis informativos.

– 8.500 euros de remanentes do Plan Único, procedentes das baixas de contratación, para executar máis obras no Concello de Guitiriz. Son para a dotar de alumeado público aos veciños de Toxeira, un pequeno núcleo rural de Labrada, no que viven unhas 10 persoas e que non dispuñan deste servizo; así como para a reparación dun acceso rural en Casa Muíno, en Pígara, que se mellorará pois da acceso a fincas agrícolas.

– 118.000 euros para mellorar 3 quilómetros de 2 vías no Concello de Pol. Son por unha banda os derradeiros traballos na LU-P-1611, no coñecido como cinto comarcal, no que se mellorará 1,4 quilómetros, vía tamén na que este ano investimos 230.000 euros máis; e na LU-P-4601, que vai de Fonfría a por Rioxán. É unha vía que vai dende Mosteiro, en Pol, ata a estrada autonómica que vai cara Ribeira de Piquín e A Fonsagrada. As actuacións específicas que se realizarán nestas vía son a rexeneración do firme con aglomerado en quente, limpeza de cunetas, e incremento da seguridade coa instalación de sinalización horizontal e vertical.

Exit mobile version