Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación promociona o Mercado Medieval de Mondoñedo con máis de 30.000 euros

Lugo, 11 de agosto de 2018. A Deputada de Economía e Facenda, Mayra García Bermudez, participou este sábado, xunto con outras autoridades, na Edición XXVII do Mercado Medieval de Mondoñedo. O Goberno da Deputación colabora con esta cita turística cunha achega de máis de 30.000 euros, sendo xunto co Concello, a administración que máis aporta.

Este Mercado, foi declarado Festa de Interese Turístico Galego, e desenvolvese entre os días 10 e o domingo 12 de agosto no casco histórico de Mondoñedo. Na programación inclúese animación de rúa, música, actividades de recreación histórica, demostracións e obradoiros para todas as idades, degustacións e venda de produtos da terra.

O Executivo Provincial colabora con esta Feira para impulsar o turismo e a actividade económica nesta cidade e na Comarca da Mariña, pero ademais, impulsa outras citas turísticas e punteiras en Mondoñedo, como son as Feiras da San Lucas, considerada unha das citas de gando cabalar máis antiga de Europa; así como de recursos turísticos, como as Covas do Rei Cintolo.

Dende o Goberno da Deputación, agradecen o traballo e o esforzo realizado durante todos estes anos por todos os colaboradores e voluntarios do Mercado Medieval de Mondoñedo, como, por exemplo, o pregoeiro, José Ramón Montenegro Espina, que colabora dende os inicios do Mercado.
Ademais dentro das axudas culturais de concorrencia competitiva da Deputación, a Asociación mindoniense Xoldra recibe unha achega económica de 1.000 euros para organización dun concerto dos Festicultores, enmarcada dentro da programación do Mercado Medieval 2018.

Exit mobile version