Site icon Crónica3.com A Mariña

A Praza do Conde de Fontao acolle unha nova edición da Feira do Libro de Foz, co apoio da Deputación

Lugo, 13 de agosto de 2018. A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, o Alcalde de Foz, Javier Castiñeira, presentaron este luns na Casa da Cultura de Foz unha nova edición da Feira do Libro, que terá lugar na Praza do Conde de Fontao, dende o xoves 16 de agosto ao domingo 19, en xornada tarde. Fixérono acompañadas pola Coordinadora Xeral da Federación de Libreiros de Galicia, Nani Regueira e a Delegada Provincial de Cultura, María Carmen Gueimunde González.

O Goberno da Deputación realiza unha achega de 3.000 euros en colaboración coa Federación de Libreiros de Galicia, co obxectivo de apoiar e impulsar o sector editorial na provincia de Lugo.

García Porto remarcou que “con esta nova feira do libro de Foz, colaboramos unha vez máis, con iniciativas que achegan á cidadanía unha parte fundamental da nosa cultura, como é a literatura, ao mesmo tempo que contribuímos ao impulso do noso idioma. Ademais, a programación inclúe preto de 20 actividades, como sinaturas de libros, presentacións editoriais, concursos e sorteos de libros. E por suposto o encontro dos lectores e veciños cunha focense universal, como Luisa Castro.”

8 stands con descontos
A Feira do Libro de Foz inaugurarase o xoves 16 ás 19:00 horas co pregón oficial a cargo do escritor Francisco Narla. En total, haberá 8 casetas de librerías, que ofrecerán un 10% de desconto en todos os libros. Ademais, a Deputación tamén instalará un stand con publicacións editadas polo organismo provincial.

O horario desta Feira será de tarde, dende ás 17:30 ata ás 22:00 horas. Ademais, durante os catro días haberá sorteo de exemplares entre todos os visitantes. As librerías participantes nesta edición son: Librería Pedrería, AENEA, Libraría Cortizas, Libraría Cartabón, Editorial Galaxia, Libraría Bahía, Libraría Nobel de Burela, e a Deputación de Lugo.

Luisa Castro asina o sábado día 18 ás 18:00 horas
A nova edición da Feira do Libro de Foz comeza co pregón do escritor Francisco Narla, ademais, a programación inclúe preto de 20 actividades, como sinaturas de libros, presentacións editoriais, concursos e sorteos de libros. A escritora focense Luisa Castro, asina Baleas e Baleas, (editado en 1988), o primeiro e único poemario en galego asinado pola autora ata a data, e que reaparece agora trinta anos despois.

A Feira acolle outras presentacións como Islas Ciprianius de Pablo Mosquera; Rocio López asina Nunca fuimos buenos; Gaiola Aberta de Xoan Neira; Los caballeros negros y la corona verde de Felix Carreira; Sonia Arias asina Campos de batalla; La aldea de Silvia Salgado; Atlantide. Muller d´Agua de Adela Figueroa; Patricia Bernardo presenta La Negociación; Finy Sesmonde presenta Gotas de rocío, copos de neve; Julio Fernandez-Sanguino presenta José Picado y Perez. Pintor vivairense e por último, o artista mariñán, Alfonso Otero Regal presenta a súa última obra “Hai mulleres”:

Exit mobile version