Site icon Crónica3.com A Mariña

A Sala Bahía acollerá este sábado, día 4, ás 19:30 horas a XXXIII edición do Encontro de Corais Galaico Astur

Este evento está organizado pola Coral Polifónica de Foz e conta coa colaboración do Concello e da Deputación Provincial. En representación de Asturias estarán as corais de Porceyo (Gijón) e Tineo, mentres que de Galicia actuarán as de Berres, no municipio pontevedrés de A Estrada, e a de Foz.

Exit mobile version