Site icon Crónica3.com A Mariña

A Sociedade Cultural Ledicia traballa a bo ritmo na montaxe dos diferentes espazos da Feira do Bonito

Burela 2-8-18. Dende o minuto 0 no que o traballo comeza, varios grupos de voluntari@s unen forzas para que o traballo saia adiante,, e gustaríanos agradecer dende xa ese esforzo. GRACIAS a todas esas persoas, e a todalas entidades que se implican na procura de que a Feira continue mellorando.
Entre esas colaboracións, o Centro Comercial Aberto de Burela aporta unha importante cantidade de bolsas de papel co fin de reducir o residuo plástico que se produce nunhas xornadas destas características.
Miguel Flórez, presidente de CCA Burela, e Pablo Palou, da xunta directiva, fixeron entrega das mesmas á presidenta de S.C.R. LEDICIA nas instalacións que se preparan no porto de Burela para a celebración da XXXIV FEIRA DO BONITO
Mentras nós continuamos cos preparativos, ide facendo plans para vir a Burela, pois xa comezan as actividades. Agardamos disfrutedes de todas elas

Exit mobile version