Site icon Crónica3.com A Mariña

A UNED de Viveiro abreu de novo as súas puertas este luns 27 de agosto

Viveiro 27-8-18. Despóis dun descanso vacacional que coincide con parte do mes de agosto, a Aula da Uned de Viveiro volveu abrir a súas portas o luns, 27 de agosto, ofrecendo de novo os estudantes  o servizo da secretaría para os interesados en realizar a súa matrícula de cara o próximo curso 2018-2019 e da biblioteca.

A matrícula poderá realizarse ata o 23 de outubro. Dende a secretaría  aconsellan realizala  antes de outubro para  poder beneficiarse das accións do Plan de Acollida (no que informan de tódolos recursos que a UNED pon a disposición dos alumnos para levar a cabo os seus estudos) e dispoñer dos servicios académicos dende o inicio do curso.

O proceso de matrícula, como en cursos anteriores, será completamente on line a través da páxina de matriculación da web da UNED.
Tamén, como tódolos anos, na secretaría  axudaránlles nos trámites necesarios para facer a matrícula.

Mais información:

Mail: viveiro@lugo.uned.es
Teléfono: 982563601

Exit mobile version