Site icon Crónica3.com A Mariña

A unidade móbil de axuda coas reclamacións (UMAR) volta o martes 4 de setembro á entrada principal do hospital

A Mariña 31 de agosto de 2018. A Unidade Móbil de Axuda Coas Reclamacións (UMAR) volverá colocarse o vindeiro martes 4 de setembro na entrada principal do Hospital da Mariña. A mesa informativa colocarase no seu horario habitual, de 11 a 13 horas, para proporcionar información a usuari@s , profesionais e colectivos en materia de derivacións e agardas , e mesmo prestarán axuda para redactar reclamacións e para a súa presentación no rexistro.
A Plataforma Sanitaria informa tamén de que a actividade da UMAR en Atención Primaria retomarase, tras un período de descanso estival no Centro de Saúde de Viveiro. Será o terceiro martes de mes, o día 18 de setembro de 11 a 13 horas.
A maior parte das reclamacións respaldadas pola UMAR foron resoltas en tempo record.
O colectivo sanitario amosa a súa total satisfacción e cataloga como un éxito a implantación destas mesas informativas, polas que pasaron numeros@s mariñás e mariñaos demandando información, manifestando o seu malestar pola deriva da sanidade pública e presentando reclamacións. A maior parte das reclamacións respaldadas por esta Unidade Móbil foron resoltas case de inmediato pola dirección do hospital , o cal da unha idea da incompetencia xestora da Xerencia , máis tamén revalida a importante función social que está a desenvolver este dispositivo móbil , totalmente instalado na comarca da Mariña.

Exit mobile version