Site icon Crónica3.com A Mariña

Airiños do Xunco organiza unha Semana Cultural na Praza do Souto de Cervo

A asociación cervense de Airiños do Xunco organiza unha Semana Cultural na Praza do Souto de Cervo para todos os veciños e visitantes que se queiran achegar ao lugar. As actividades comezaron este luns con debuxo infantil para os máis pequenos. Este martes 21 haberá hinchables, o mércores 22 xogos populares, o xoves 23 festa da auga e o venres 24 rematará a programación co concurso Master Chef Cervo. Para inscribirse no concurso de Master Chef hai que facelo ao longo da semana ben no número 600968344 ou ben nas propias actividades.

Exit mobile version