Fernández Queipo destacou que “son traballos que executamos nun treito de 1 quilómetro que beneficia aos veciños do Concello de Xermade, Muras e tamén Vilalba. Son pequenas obras que teñen un grande impacto no día a día dos lucenses”. Neste senso, o Vicepresidente lembrou que o Executivo provincial investiu 40.000 euros na reparación de firme nas parroquias de Cabreiros, Fraixo e Xermade, todas elas de aproximadamente 1 quilómetro. Eran vías secundarias que tiñan fochancas e que dificultaba o acceso dunha vintena de veciños ás súas casas.
García Pernas agradeceu a “constante colaboración” do Goberno da Deputación co Concello de Xermade” e lembrou que “seguimos á espera de que a Xunta de Galicia arranxe a estrada autonómica LU-170, que é unha antiga reivindicación dos veciños de Xermade, que o Goberno de Feijóo prometeu en moitas ocasións pero nunca executou”.