Site icon Crónica3.com A Mariña

As monitoras do Centro de Educación Medioambiental Gaia, de Burela, realizaron hoxe unha actividade cos rapaces da Ocioteca nas inmediacións da praia de Portelo

Os participantes realizaron un mural sobre o ciclo de vida dos envases que se atopan nas praias (bolsas de plático, latas, botellas, etc). Desde Gaia insisten en que “non debemos esquecer que os envases temos que depositalos no contedor axeitado para facilitar a súa reciclaxe, despois serán enviados a unha planta de selección e por último a unha empresa recicladora que os converterá en novos envases ou noutros obxectos. Se ti non depositas os envases no contedor axeitado rachas o ciclo, desperdicias materias primas e provocas un gasto de enerxía innecesario”. A actividade rematou coa visita do camión e dos operarios da empresa Geseco, que lles explicaron en que consiste o seu traballo.

Exit mobile version