Site icon Crónica3.com A Mariña

As monitoras do Centro de Educación Medioambiental Gaia realizaron unha actividade titulada Especies locais e invasoras do litoral, que se levou a cabo no paseo marítimo, entre as praias de A Marosa e Ril

Segundo explican as monitoras “os nenos e nenas identificaron as especies máis representativas da flora do noso litoral. Con esta actividade preténdese fomentar o respecto polo medio natural e coñecer o valor ecolóxico das prantas autóctonas e das especies invasoras, o seu hábitat e os seus usos”. E engaden que “fixemos un percorrido polo paseo marítimo para localizar algunhas delas (carprobotus edulis), máis coñecida como uña de gato, lagurus ovatus (rabo de lebre) e posteriormente prepararon as súas macetas con algunhas das especies”.

Exit mobile version