Site icon Crónica3.com A Mariña

Ata finais de agosto poderase ver no Concello ribadense o mural realizado polos usuarios e usuarias do centro de día

Ribadeo, 2 de agosto de 2018. Ata finais de agosto poderase ver na Casa do Concello o mural que realizaron os usuarios e usuarias do centro de día.
A concelleira de Servizos Sociosanitarios, Sonia Meilán, explicou que “os usuarios e usuarias do centro de día de Ribadeo realizaron un mural no que se poden ver a Torre dos Moreno e o Pazo de Ibáñez, hoxe Casa do Concello”.
A edil nacionalista dixo que “onte viñeron colocar este mural que estará exposto na entrada do Concello, preto das escaleiras de acceso á primeira planta, ata finais do mes de agosto para que todas as persoas que o desexen poidan achegarse a velo”.
Para Sonia Meilán trátase dunha obra “moi bonita e ben merece a pena vir ao Concello a observalo”.

Exit mobile version