Site icon Crónica3.com A Mariña

Ata o 3 de setembro estará aberto o prazo de inscrición no programa Áxilmente, que organiza a concellería de servizos sociais de Burela

Burela, 20 de agosto de 2018. A Concellería de Servizos Sociais abre hoxe o prazo de inscrición para participar no programa AxilMente, dirixido a persoas maiores de 65 anos residentes no municipio. O curso é gratuíto e dará comezo o 3 de setembro.
Este programa desenvolverase en dúas quendas, luns e mércores, e martes e xoves, en horario de 17:00 a 18:30 horas e terá lugar na Casa da Terceira Idade de Burela.
Segundo explica a concelleira Patricia Otero “trátase dun obradoiro de promoción da autonomía persoal, baseado na estimulación cognitiva e na prevención da dependencia, no que se pretende traballar en variables que determinan o envellecemento exitoso. O obxectivo é que as persoas maiores adquiran as ferramentas necesarias para mellorar a súa calidade de vida, ser autónomas nas actividades da vida diaria e incorporar unha serie de hábitos de autocoidado, tanto no ámbito sanitario como no cognitivo”.
As inscricións poderán facerse ata o 3 de setembro na Casa do Concello en horario de 8:00 a 14:00 horas. Para calquera consulta as persoas interesadas poden poñerse en contacto tamén no teléfono 982 58 06 09. Terán preferencia as empadroadas en Burela.

Exit mobile version