Site icon Crónica3.com A Mariña

“BENDITAS TODAS SR.CAL“

Benditas as axudas da Diputación, as da Xunta e as axudas da administración Estatal, benditas todas aquelas axudas que fan que o noso Concello prospere e que melloran as condicións e a calidade de vida dos nosos veciños. Dende o PP de Viveiro sempre nos mostramos agradecidos por todas as aportacións que recibe a nosa cidade, veñan de onde veñan, porque o final non deixan de ser a utilización dos recursos públicos que son de todos, en beneficio do noso Concello.
O que xa non nos parece de recibo e o continuo ninguneo e desprezo ás axudas da Xunta de Galicia cando é a administración que máis invirte en Viveiro , así por cada euro que invirte a Diputación, a Xunta invirte seis, feito este que para un matemático como é o Sr, Cal debería de ser perfectamente entendible, salvo que non se queira entender ou se pretenda facer demagoxia barata.
Non entendemos tampouco os continuos enfados da señora rexidora cando a Xunta invirte en Viveiro, parece como si lles molestase este feito, si invirten non vale, e se non invirten tampouco vale, quen o entende?. Ë unha situación paranormal, que pensamos que non acontece en ningún outro concello de España, digna de ser tratada nun capítulo do programa de Iker Jiménez “ Cuarto Milenio “.
Queixase o Sr. Cal porque a Xunta non lle otorgou unha subvención para o arreglo dunhas rúas, porque non alcanzaba a puntuación dacordo cos criterios establecidos na propia orde, requistos que si reunían outros concellos de todo tipo de cor política e que conforrme a eso se lles adxudicaron os proxectos que solicitaban. Que pretendía o Sr, Cal?, que a Xunta se saltase os requisitos da orde e lle adxudicase a Viveiro a subvención sin acadar a puntuación necesaria e en detrimento doutros concellos que sumaban máis co noso. Isto ten un nome sr. concelleiro e sería unha ilegalidade manifiesta .
En todo caso indicarlle ó Sr. Concelleiro que para o arreglo de rúas ou do que el estime oportuno, ten a súa disposición os recursos do Fondo de compesación da Xunta, que no ano 2017 ascenderon a 532.000 euros e que como moi ben sabe pode invertilos no que lle veña en gana, sin limitacións, a diferencia do que acontece co plan único da Diputación – por certo de menor cuantía co anterior -.
Si aínda así non lle chegase para o arreglo das beirarrúas, sempre podería botar man dos 244.460 € que o Concello recaudou en multas de tráfico no ano 2017, co que esta sangría os veciños podería servir para a mellora da circulación vial, en vez de destinala o pago de complementos a algún amiguetes que supuestamente se encargan de velar pola nosa seguridade.

Exit mobile version