Site icon Crónica3.com A Mariña

Campos Conde participa na Feira do Bonito de Burela, coa que colabora o Goberno da Deputación

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, participou este sábado na degustación gastronómica do bonito, que tivo lugar en Burela, ao fío da XXXIV Feira do Bonito, despois do izado da bandeira no Barco Museo Boniteiro Reina del Carmen, e da lectura do pregón, a cargo de Fernando Romay. Campos Conde agradeceu a colaboración da Asociación Ledicia, que participou con máis de 100 voluntarios na programación desta cita gastronómica, e ao Concello de Burela por seguir promovendo este evento que xa se converteu nun autentico éxito en toda Galicia.

Exit mobile version