Site icon Crónica3.com A Mariña

Celeiro de Mariñaos celebra a Romería de San Caetano e a XXIII edición da Festa da Tortilla

Celeiro de Mariñaos (Barreiros). 16 de agosto 2018. A parroquia barreirense de Celeiro de Mariñaos celebra os días 17 e 18 de agosto a Romería de San Caetano, unha festa vinculada á existencia da capela homónima que data de mediados do século XVII, e ubicada a carón do Pazo de San Caetano.
Esta romería que se recuperou a mediados dos anos 80 do pasado século vense celebrando nos últimos anos unida ao evento gastronómico da Festa da Tortilla que este ano vai pola XXIII edición.

As festas empezarán este venres 17 ás 9 da noite cunha torrezmada e chourizada, amenizada polo grupo de música tradicional “VAI SER BOA”, e a continuación haberá sesión DJ coa disco móbil Mourelle.

O sábado 18, a partir das 11 da mañá empezarase a elaborar a Gran Tortilla de San Caetano, que polas súas dimensións, é preciso utilizar un tractor para darlle a volta. Esta tortilla será repartida despois sa sesión vermú entre os asistentes á festa.
A partir das 12 da mañá, e ata á 1 da tarde, todos aqueles que o desexen poden presentar as tortillas para o concurso.

Á 1 da tarde haberá misa na capela e procesión e a continuación sesión vermú amenizada pola charanga de Moaña “A CABEZA NON PARA”.

Pola tarde estará PAKOLAS co seu espectáculo AS PARÁBOLAS DE PAKOLAS.
Haberá tamén xogos tradicionais e ás 8 da tarde habera o concurso MÁSTER TORTILLA, elaborando as tortillas en directo.

Pola noite verbena co dúo CHECHU E SALVA – Diamantes.
E para rematar, Baile do Farolillo e chocolatada.

Exit mobile version