As palilleiras que queiran inscribirse neste Encontro o poden facer dende o 20 de agosto ata o vindeiro 20 de setembro nos seguintes tfnos de contacto:
-Concello de Xove: 982 59 20 01.
-Mercedes Barro (prof. De bolillos): 679 89 42 19.
-Carmen García (prof. De bordado): 982 59 26 86.
En canto aos vendedores que queiran participar no Encontro cos seus produtos, teñen tamén un prazo para inscribirse do 20 de agosto ao 20 de setembro. Neste caso, a súa inscrición a terán que facer por correo electrónico dirixindo as súas solicitudes ao email: encontropalilleiras@xove.es.
ENTREGADOS DIPLOMAS AOS PARTICIPANTES DOS CURSOS DE INFORMÁTICA
Do 2 de xullo ao 16 de agosto, dentro das actividades programadas este verán polo noso Concello para a xuventude, levouse a cabo un CURSO DE INFORMÁTICA dirixido a nenos/as de 1º de primaria ata 4º de ESO. A impartición do curso foi levada a cabo polo profesor José Manuel Vale, consistindo o mesmona preparación de diferentes ejercicios de ofimática no seu nivel básico (tratamento de texto, folla de cálculo, presentacións,…) e o desenvolvemento de tarefas de uso de Internet con fins lúdicos e didácticos (buscadores, navegadores, plugins,…). Os alumnos dividíronse en dous grupos segundo idades, un de 1 a 10 anos e o outro de 11 a 16. As clases realizáronse na Aula de Informática da OMIX de luns a xoves, con dúas horas lectivas cada día.