Site icon Crónica3.com A Mariña

“Afundimos os Prezos”. Así se chama a nova campaña do Centro Comercial Aberto de Foz. 35 establecementos sacan os seus produtos á rúa con descontos especiais

Foz, 20 de agosto de 2018. Comeza unha semana chea de descontos en Foz. Do 20 ao 25 de agosto o Centro Comercial Aberto organiza unha nova campaña denominada En Foz afundimos os prezos. Os establecementos participantes, un total de 35, sacan durante estes días os seus produtos á rúa con descontos moi especiais.
O presidente de ACIA/CCA, José Carlos Paleo, lembra que “os locais van expoñer na rúa ducias de produtos a prezos super rebaixados, con descontos que oscilarán entre o 50 e o 80%. Queremos que na semana dos preparativos para a Festa Normanda focenses e visitantes teñan motivos dabondo para pasear polas nosas rúas, nas que atoparán todo tipo de artigos a prezos moi interesantes e especiais”.
Paleo engade que “é un xeito de facerse con produtos de tempada moi rebaixados. Foz convértese desde hoxe e ata o venres nun gran Centro Comercial ao aire libre. Este será un bo momento para ver os artigos expostos e para dar unha volta polas rúas comerciais da nosa vila, nas que ademais poderán disfrutar da nosa hostalería”.
Moitas foron as persoas que esta mañá aproveitaron esta nova campaña En Foz afundimos os prezos para achegarse aos locais participantes.

Exit mobile version